O coitelo en novembro
Marilar Aleixandre · 2010
על הספר
¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventados, se é que non son todos inventados. Desde os anos en que nos montes de Lugo se temían encontros máis perigosos que lobos ou porcos bravos, a tempos nos que os libros compiten con obxectos que de libros só teñen a aparencia; da voz dunha viúva desafiuzada a Xoana de Arco, remitindo un formulario de apostasía; dos nomes gardados baixo a lingua á muller que convoca ás avésporas como último recurso fronte a cemento e cobiza. Este libro é un canto ao poder das palabras que, como na historia de Alí Babá, poden chegar a fender montes. -- From publisher's website.
פרטי הספר
- שנה
- 2010
- שפה
- glg
- סדרה
- Narrativa / Xerais -- 291
- הוצאה
- Xerais
- מהדורות
- 1
- עמודים
- 269
- ISBN
- 9788499141503
מקור הנתונים: Wikidata
עוד של Marilar Aleixandre



